sexta-feira, 7 de dezembro de 2012

O POLIGONO DA GRANXA DOA 1000 Q. DE ALIMENTOS AO CONCELLO DE TUI PARA AOS MAIS DESFAVORECIDOS


O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, recibiu na mañá do pasado mércores na Casa do Concello de Tui  ao xerente da Entidade Urbanística de Conservación do Polígono da Granxa, Indalecio Cuevas, que fixo entrega ao rexedor tudense de 1.000 quilogramos de alimentos non perecedoiros, coma un xesto solidario das empresas para aquelas persoas máis desfavorecidas do noso concello.
Moisés Rodríguez, que estaba acompañado da concelleira de servizos sociais, agradeceu esta xesto solidario da Entidade do Polígono da Granxa que amosa o seu compromiso coa sociedade dos eu entorno ofrecendo esta doazón que o Concello de Tui distribuirá a través do seu departamento de servizos sociais entre os sectores máis vulnerables da sociedade tudense. En nome do Concello e de todos os beneficiarios desta doazón o rexedor tudense agradeceu a sensibilidade deste colectivo do Polígono da Granxa.

Sem comentários:

Enviar um comentário