quarta-feira, 5 de dezembro de 2012

MAÑA COMEZARA O FUNCIONAMENTO DO ALUMEADO DE NADAL DO CONCELLO DE TUI


Mañá xoves, 6 de decembro, terá lugar ás 18,00 horas o encendido do alumeado de Nadal que o Concello de Tui ten instalado en numerosos lugares da nosa cidade e que conforman un elemento tradicional das festas navideñas do noso Concello. O Concello procederá á iluminación mediante 118 arcos e rótulos con motivos de Nadal, nas rúas,  paseos, prazas e zonas comerciais da nosa cidade.  
Todos os arcos instalados están fabricados en estructura de aluminio e a iluminación nos arcos é con microbombillas de led e fío luminoso de led que reduce substancialmente os consumos de enerxía eléctrica. Desta forma dáse continuidade a política de aforro comezada en anos anteriores coa utilización deste tipo de luces mantendo a reducción no número de arcos, ambientación musical, etc xa comezada o pasado ano.
Aínda así o casco urbano tudense lucirá dende mañá unha chamativa iluminación de Nadal, xa que dende o Concello consideran que isto repercute positivamente no comercio e na hostalería local e contribúe a crear un ambiebte festivo propio destas datas. Este alumeado permanecerá acceso ata o 6 de xaneiro en horario de seis da tarde a dúas da madrugada. Este ano se recupera de novo a instalación do Nacemento na Praza da Inmaculada. Os arcos están ubicados no Paseo da Corredoira, nas rúas Calvo Sotelo, Augusto González Besada, Compostela, Casal Aboy, Lugo, Betanzos, Martínez Padín, Avenida da Concordia, Avenida de Portugal, Rosa Bahamonde, Ordóñez, Camilo José Cela, Foxo, Maristas, Colón, Coruña e Porta da Pía e foron colocados motivos laterais nas rúas Ourense, Mondoñedo e Betanzos. De todos os xeitos Tui seguirá sendo un referente no alumeado de Nadal.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, salienta que nesta época dada a situación económica, é preciso reducir gastos mantendo o orzamento con respecto a 2011 no que se tiña reducido nun 50%, pois o Concello entende este gasto como un investimento en apoio ao comercio local. O rexedor confía que a iluminación sexa do agrado da poboación tanto tudense como foránea, xa que cada ano son moitas as persoas que se achegan a Tui para ver o alumeado, e aproveitan despois para facer algunha compra ou consumir nos establecemento hostaleiros ou visitar os recursos monumentais e paisaxísticos da nosa cidade.

Sem comentários:

Enviar um comentário