segunda-feira, 3 de dezembro de 2012

CONCURSOS NAVIDEÑOS NA CATEDRAL DE TUI


A Asociación “Amigos da Catedral de Tui” xunto á Santa Igrexa Catedral de Tui promoven a celebración dos tradicionais concursos navideños: de beléns, panxoliñas e corais a celebrar arredor das datas do Nadal.
X Concurso de corais, a celebrar o domingo 16 de decembro, o número de corais participantes está limitado a seis e deben interpretar tres panxoliñas cun tempo máximo de 15 minutos. Hai tres premios son de 500, 300 e 200 euros respectivamente. O prazo de inscrición é do 30 de novembro ao 9 de decembro.
XV Concurso de Beléns, no que poden participar todos os interesados, tanto individuais como colectivos, a técnica é libre e deben ser presentados sobre un taboleiro de 1 metro cadrado. Os interesados deben presentar a correspondente folla de inscrición e montar os eu Belén antes do 22 de decembro na catedral. Haberá tres premios de 300, 200 e 100 euros quedando ao criterio do xurado a concesión de ata 4 accesits de 25 euros cada un. Os premios serán entregados o 23 de decembro de 2012.
XV Concurso de panxoliñas (villancicos) dirixido a menos de 16 anos de idade que deben interpretar 3 panxoliñas cunha duración máxima de 15 minutos, o acompañamento musical é libre aínda que as bases exclúen todo elemento de amplificación. A inscrición está aberta ata o 16 de decembro e o concurso terá lugar o 23 de decembro ás 17,00 horas. Haberá tres premios de 300, 200 e 100 euros respectrivamente.
Todos os interesados poden consultar as correspondentes bases no blog da Asociación, onde figuran tamén os correspondentes boletíns de inscrición: www.amigoscatedraltui.blogspot.com.es ou chamando ao teléfono da Catedral tudense 986.600511.

Sem comentários:

Enviar um comentário