Na mañá do pasado venres 21 de decembro, diante da Casa do Concello de Tui, procedeuse á entrega do novo vehiculo de bombeiros e emerxencias adquirido polo Concello tudense ao abeiro dunha achega económica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia.
Neste acto de entrega estivo presente o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, acompañado do concelleiro de Tráfico e Seguridade Angel Gutierrez González, e o personal do Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir).
O concelleiro valorou a importancia de contar con este vehículo que pode acceder a maioría das rúas do casco histórico tudense, que antes non era posible cos camións existentes, para intervir diante de calquera alarma que se produza neste espazo urbano.
Este vehículo lixeiro esta dotado do equipamento necesario para proceder a unha intervención rápida en caso de incendio e foi adquirido por un importe de 39,930 euros.
Sem comentários:
Enviar um comentário