O obxectivo é a doazón de alimentos para Cáritas
20 de decembro de 2012. O Club Baloncesto Tui en colaboración co Concello de Tui organiza o IV Torneo Solidario de Mini-basket que se celebrará o 21 de decembro, no Vello Pavillón Deportivo Municipal, dende as 17.00 horas da tarde.
Con este torneo o CB Tui quere recoller alimentos coa intención de axudar a Cáritas, nestes momentos de necesidade de cara as festas do Nadal.
O Concello de Tui e o Hiper GADIS colaboran con esta interesante e solidaria iniciativa do CB Tui pois nesta oportunidade, como en tantas outras, resulta evidente como o deporte é unha útil ferramenta para a educación en valores dos deportistas e dos afeccionados.
O Club Baloncesto Tui anima a todos os veciños a participar neste Torneo Solidario, asistindo aos diversos partidos a disputar e colaborando coa entrega de alimentos para Cáritas na entrada do Pavillón municipal tudense.
Sem comentários:
Enviar um comentário