O Concello de Tui e a Asociación de Comerciantes de Tui - ACITUI queren premiar as compras de Nadal que realices nos establecementos asociados dende o 20 de decembro ata o 5 de xaneiro, polo que sortearán 40 vales de compra para gastar nos comercios asociados entre todos aqueles clientes que fagan unha compra nestas datas.
Os interesados en participar no sorteo deberedes presentar unha fotocopia do ticket de compra dun establecemento asociado indicando o voso nome completo e número de teléfono, e depositalo no buzón situado na sede de ACITUI, no Paseo da Corredoira nº 21, á vosa disposición dende o 26 de decembro. Os tickets de compra de establecementos non asociados quedarán invalidados. O sorteo se realizará o martes 15 de xaneiro e se repartirán 10 premios de 100€, 10 premios de 50€ e 20 premios de 25€. Non esquezas que mercar no pequeno comercio ten premio!!
Sem comentários:
Enviar um comentário