quarta-feira, 5 de dezembro de 2012

O CONCELLO DE TUI PROMOVE UN CURSO DE DESHABITUACIÓN TABÁQUICA


O Departamento de Prevención de Drogodependencias da Concelleria de Servizos Sociais do Concello de Tui, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro, organiza para o mes de xaneiro un curso de “Deshabituación Tabáquica”. Todos aqueles interesados en anotarse poderán facelo achegándose as dependencias de Servicios Sociais, a través do e-mail paula.ssociais@concellotui.org ou no teléfono 986603625, o prazo remata o día 19 de decembro. Poderán asistir todos os fumadores maiores de 18 anos que queiran deixar de fumar. Este é un programa de axuda específica e personalizada para facer fronte ao complexo proceso de abandono. 
O curso consta de 7 sesións cunha duración de hora en media cada unha, será en horario de tarde, probablemente de 18.30 a 20.00 horas. Durante o mes de xaneiro farase unha primeira entrevista coa terapeuta, o curso dará comezo o día 30 de xaneiro. Necesitase un número mínimo de 12 persoas para poder levalo a cabo.
Dende a Concellería de Servizos Sociais, se anima a toda aquela persoas que queren deixar de fumar e non o consegue, a participar neste curso pois, en palabras da concelleira Olga Montes Moldes, este tipo de terapias que brindan  apoio técnico, consellos,  compañía e recompensas son unha das ferramentas máis exitosas para lograr o abandono do tabaquismo.

Sem comentários:

Enviar um comentário