O Concello de Tui investirá un total de 18.137,90 € na mellora dos seus servizos informáticos para mellorar a calidade dos mesmos e atender de xeito máis completo as demandas dos cidadáns. En días pasados a Xunta de Goberno Local acordou a adxudicación deste investimento realizado con fondos propios.
En concreto, este investimento será destinado á actualización dos sistemas do Centro de Procesamento de Datos do Concello, empregando equipos dun fabricante de primeira liña para garantir o cumprimento dos máis importantes estándares tecnolóxicos. Trátase de instalar dous novos servidores para a virtualización dos sistemas do Concello tudense.
Con esta inversión o Concello de Tui quere mellorar os rendementos dos seus sistemas informáticos e ao tempo garantir a súa adaptación a nova funcionalidades que poidan incorporarse no futuro e permitan ao Concello asegurar un mellor aproveitamento das prestacións e posibilidades dos seus sistemas.
Sem comentários:
Enviar um comentário