“Tui emprende” posibilitará a formación de 32 desempregados cun investimento cercano ao medio millón de euros
Esta mañá tivo lugar no Centro de Formación do Concello de Tui o acto de inicio de funcionamento do “Obradoiro de Emprego – Tui Emprende” no que participaron xunto aos 32 alumnos seleccionados e o persoal técnico, o Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra. Xosé Manuel Cores Tourís, e o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, acompañado de diversos membros da Corporación Municipal tudense.
Neste acto tomaron a palabra o concelleiro de emprego tudense, José Ángel Villaverde, a directora do Obradoiro de Emprego, Rosa Muiños, o Delegado Territorial, Xosé Manuel Cores, e o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez.
A directora salientou o ilusionante proxecto que acomete este Obradoiro de Emprego “Tui emprende” para cometer a rehabilitación da antiga escola de Cháns – Randufe para o seu uso como viveiro de empresas e resaltou que logo do proceso de selección os 32 alumnos son homes, nunha rara excepción neste ámbito de formación.
O Delegado Territorial da Xunta de Galicia congratulouse por este acto, resaltando que a subvención concedida pola Consellería de Traballo Benestar alcanza os 282.130,56 euros, cofinanciados pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 80%, que xunto á achega económica municipal de 200.000 euros en materiais supoñen que este Obradoiro inviste case medio millón de euros na formación destes 32 desempregados tudenses. Este Obradoiro é un dos sete da provincia de Pontevedra e testemuña a aposta da Xunta de Galicia pola formación e o emprego.
Finalmente o Alcalde salientou que a creación deste novo obradoiro de emprego posibilitará que durante seis meses 32 desempregados do noso municipio poidan obter un contrato de traballo e acceder a unha formación, tanto teórica e práctica. Se complementa con a contratación do persoal técnico de dirección e docentes, en total seis persoas. En total 38 persoas teñen unha actividade laboral ao longo deste período, realizando unha importante labor como é a creación do “Viveiro de empresas” do Concello de Tui que nace para favorecer a implantación de empresas e proxectos de emprendedores ofrecendo unas instalacións e servizos durante un período temporal para iniciar a súa andaina no mercado. É unha medida de estímulo á creación de empresas que pretende a dinamización do tecido empresarial do noso municipio que redundarán a creación de novos postos de traballo e novas oportunidades de negocio. Amais con este obradoiro de emprego se rehabilita un inmoble ata agora desocupado, detendo o seu proceso de deterioro para posibilitar este novo equipamento público.
O obxectivo deste obradoiro de emprego “Tui emprende 2012” é, xunto ao acondicionamento da nave para sede do Obradoiro en Guillarei, a rehabilitación do edificio da antiga escola de Cháns - Randufe para destinalo á instalación dun viveiro de empresas. As especialidades a impartir neste Obradoiro son: “auxiliar albanelería – cachoteiro”, “pintor - colocador prefabricados lixeiros” e “instalador elementos carpintería”.
O obradoiro ten como finalidade a inserción laboral dos desempregados/as de vintecinco ou máis anos de idade, mediante a formación profesional de carácter ocupacional complementada coa alternancia no traballo e práctica profesional. Ademais da formación profesional se proporciona un coñecemento básico en seguridade e saúde no traballo,alfabetización informática, orientación laboral e asesoramento sobre saídas profesionais.
Con este novo Obradoiro de Emprego “Tui Emprende” o goberno municipal continúa avanzado no seu compromiso de traballar a prol do emprego e a formación dos parados e desempregados do noso municipio buscando alternativas e novas cualificacións profesionais. O Plan de Emprego Local, con once contratacións, os catro cursos de formación, onde participan 60 desempregados, etc. son medidas que conforman esta política de promoción de emprego desenvolvida polo goberno municipal tudense.
Sem comentários:
Enviar um comentário