O 1 de marzo de 2014 se conmemorará o segundo centenario do nacemento na nosa cidade de Frei Rosendo Salvado, un frade benedictino logo nomeado Bispo de Porto Victoria en Australia e que salienta pola súa defensa na primeira metade do século XIX das poboacións aborixes de Australia fundando a misión de Nova Nursia para este obxectivo e que aínda continua na actualidade.
O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, quere comezar con tempo abondo a preparación deste aniversario que estima de grande transcendencia para a nosa cidade pois a figura de Rosendo Salvado, que mantivo acesa a súa condición de tudense ao longo de toda a súa vida, posúe unha ampla riqueza de aspectos que é merecente dunha ampla difusión e homenaxe.
Neste sentido se ten dirixido ao Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia solicitándolle unha entrevista para presentarlle esta iniciativa que entende posúe unha dimensión que transcende o ámbito tudense e que por tanto cómpre asuma tamén de xeito conxunto goberno galego.
Tamén ten enviado outro escrito ao Embaixador de Australia en España, ao de España e Australia e a propia Abadía de Nova Nursia, fundado por Frei Rosendo Salvado, en Australia solicitando a súa participación neste proxecto. Xa con anterioridade comezara as xestións para unha emisión filatélica conmemorativa deste bicentenario.
Rosendo Slavado Rotea (Tui, 1814 – Roma, 1900) foi un misioneiro benedictino en Australia e bispo en Porto Victoria, sen cegar a exercer como tal. A literatura, a botánica e a música foron algunhas das artes que practicou con grandes dotes. A súa defensa polos dereitos dos aborixes australianos levoulle a renunciar aos bispados de Puerto Rico e Lugo. Ata solicitou ser declarado aborixe australiano polo goberno de Inglaterra para poder defendelos mellor, pois esta era o seu principal obxectivo como misioneiro, fundado a misión de Nova Nursia para esta finalidade como centro de promoción social e evanxelización dos nativos australianos.
Sem comentários:
Enviar um comentário