segunda-feira, 3 de dezembro de 2012

ACTIVIDADE DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS CO GALLO DO DÍA MUNDIAL DA SIDA


O Servicio de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui, co gallo do día mundial da SIDA que se celebra o 1 de decembro, colgará  unha pancarta na fachada da Area Panorámica, ofrecendo a información a todos os cidadáns sobre a SIDA. Ademáis desenvolvéranse nos Institutos de Tui, talleres para  promocionar estilos de vida e formas de diversión saudables, desmitificar falsas crenzas e mala información, permitirlle aos individuos estar a cargo da súa saúde e non ser pasivos, fomentar no marco asociativo xuvenil o desenvolvemento de estilos de vida saudables e ofrecer formación acerca desta enfermidade.
O Servicio de Prevención  das Drogodependencias do Concello de Tui, continuando con esta campaña, prepara esta fin de semana, en colaboración cos pubs de Tui, o reparto de preservativos, carteis, dípticos,  e folletos informativos sobre esta enfermidade.
Todos aqueles pubs que estean interesados en recibir material para a difusión desta campaña poden chamar o teléfono do Concello (986603625) ou achegarse ás oficinas de Servicios Sociais.

Sem comentários:

Enviar um comentário