segunda-feira, 3 de dezembro de 2012

O CONCELLO DE TUI INSTALA UN PARQUE INFANTIL NO PASEO FLUVIAL


Nestes días a empresa adxudicataria ven de rematar a instalación dun parque infantil no Paseo Fluvial tudense que, cun investimento de 21.761.64 euros, ofrece a todos os cidadáns de Tui unha nova zona de esparexemento, deseñada especialmente para os cativos a partires do tres anos de idade.
A instalación deste parque, que conta coas autorizacións requiridas pola lexislación vixente, realizase ao abeiro da subvención concedida, no seu día, pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia e está financiada con fondos FEADER (Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rexional).
Coa instalación deste novo parque infantil o goberno municipal tudense dota ao Paseo Fluvial dun novo equipamento que aumenta o atractivo deste lugar de lecer e paseo dos tudenses e visitantes. Para a responsable de parques e xardíns, a concelleira Dorinda Olga Montes Moldes, con esta nova instalación se incrementa o número de espazos urbanos dedicados ao lecer dos máis cativos incentivando ao mesmo tempo o uso do Paseo Fluvial tudense un parque á beira do río Miño, que conforma un lugar de referencia para a nosa cidade.
Estas actuacións se enmarcan na vontade do goberno municipal de mellorar as instalacións e equipamentos públicos para o lecer dos veciños e visitantes: a creación deste parque, a remodelación das pistas polideportivas do Penedo, a inmediata realización dunha pista de skate, etc inciden nesta liña de traballo que redunda nunha mellora da calidade de vida na nosa cidade.

Sem comentários:

Enviar um comentário