O padeeiro tudense Iván Alonso recibiu o pasado xoves a notificación por parte do Comité Olímpico Español (COE) da conceción da Medalla ao Mérito Deportivo, tras os éxitos acadados este año polo deportista do Club Kayak Tudense, que se proclamou dobre Campión do Mundo en K1 e K2, no Mundial de Piragüismo na modalidade de Maratón celebrado en Roma.
Esta medalla é unha nova satisfacción para o mundo do deporte tudense, e reflicte o bo traballo que ven realizando durante moito tempo Iván Alonso e o resto dos padeeiros do Club Kayak Tudense.
O Concello de Tui felicita a Iván Alonso Lage por esta nova distinción, que estamos seguros que elevará as ganas de seguir adestrando e competindo ao máximo nivel, coa intención de repetir e mellorar os éxitos acadados nesta presente tempada.
Sem comentários:
Enviar um comentário