quarta-feira, 19 de dezembro de 2012

O CONCELLO EDITA UN ALMANAQUE CON FOTOGRAFIAS ANTIGAS DA NOSA CIDADE

O Concello de Tui ven de editar, por segundo ano, un almanaque que recolle nas súas paxinas diversas imaxes antigas da nosa cidade, xunto a unha escolma de textos sobre Tui e unha relación de teléfonos de interese dos diversos servizos e institucións da nosa cidade.
Ao longo das súas páxinas podemos ollar diversas imaxes cedidas polos herdeiros de Foto Vila, asi como outras cedidas por Ernesto Iglesias, cronista oficial da cidade, e a familia Álvarez Caramés. As procesións de Semana santa ou de San Roque, a cidade nevada, ou a chea do ano 1966, xunto a diversas vistas da cidade ou de rúas como Augusto G. Besada, A Alameda, a Ponte do río Tripes ou as festas de San Bartolomeu... conforman un evocador almanaque do ano 2013.
Se complementa con diversos textos sobre a nosa cidade de significados persoeiros como Ramón Otero Pedrayo, Miguel de Unamuno, Carlos García Barbeito, Manuel Lago González, Darío Álvarez Blázquez, Darío Xohan Cabavan Teodosio Vesteiro Torres, Marga do Val, Manuel María, Alfredo Vicenti, ManuelRivas,  ou escritor portugués Eugenio de Castro.
Figura tamén no almanaque unha relación dos teléfonos de interese tanto dos diversos servizos municipais, centros educativos e outras institucións de interese radicadas no noso municipio.
Para o alcalde tudense a edición deste almanaque, que da continuidade o editado para este ano que agora remata, é un testemuño máis do compromiso do goberno municipal tudense coa conservación do noso patrimonio cultural e a promoción da cultura local, amosado nesta oportunidade por medio destas imaxes fotográficas.
As persoas interesadas poden retirar un exemplar deste almanaque na Casa do Concello e o mesmo se distribuirá tamén entre asociacións e colectivos do noso Concello. A súa distribución será gratuíta ata esgotar as existencias e so se entregará un exemplar por persoa.

Sem comentários:

Enviar um comentário