sexta-feira, 21 de dezembro de 2012

REMATAN AS OBRAS DE MELLORA DO ACCESO E ENTORNO DA IGREXA DE SAN DOMINGOS


En días pasado foron finalizadas as obras de mellora do acceso e do entorno da igrexa de San Domingos que supuxeron un investimento de 10.776,97€ realizado con fondos propios do Concello tudense que teñen mellorado substancialmente o aspecto do contorno e a accesibilidade deste elemento patrimonial.
A obra executada mellora a accesibilidade ao templo e espazo comprendido entre o adro e a beirarrúa, para potenciar toda a contorna deste monumento liberándoa de mobiliario urbano e de automóbiles (pois esta zona era utilizada como aparcadoiro). Asi foi realizada unha pequena zona verde, con dúas parterres, situadas cada unha a ambos os dous lados da prolongación do  corredor central que une o acceso á igrexa coa beirarrúa.
En concreto, as  intervencións acometidas foron:
- creación de dúas parterres, delimitadas polo propio corredor, a beirarrúa de granito exterior e mediante un bordo de granito ao camiño de acceso lateral.
- Corredor central realizado en laxas de granito. Seguindo a disposición do corredor actual do adro.
- Instalación de rego.
- Colocación de pilonas, para impedir o estacionamento sobre as zonas de céspede.
Para o rexedor tudense, Moisés Rodríguez Pérez, esta obra ten mellorado substancialmente o acceso a esta igrexa gótica e que conserva no seu interior un importante conxunto escultórico de época barroca, representado polos dous espectaculares retablos do século XVIII e que ata agora estaba alterado polo estacionamento de vehículos. Coa intervención acometida se facilita o acceso e se dota de maior ornato a este lugar.
Esta intervención da continuidade a varias actuacións promovidas polo goberno municipal tudense para mellorar a accesibilidade aos diversos enclaves patrimoniais da cidade, como foi o caso –hai algúns meses- da instalación no acceso ao adro da igrexa de San Telmo de diversos pivotes de pedra que impiden o estacionamento de vehículos que dificultaban a entrada a aquel visitado lugar. O goberno municipal valora outras novas actuacións que favorezan a humanización desta zona monumental para facilitar o lecer e a  visita dos numerosos visitantes que percorren as nosa rúas.

Sem comentários:

Enviar um comentário