quarta-feira, 19 de dezembro de 2012

O CONCELLO DE TUI ACHEGA 61.500 EUROS EN SUBVENCIONES A 13 CLUBES DEPORTIVOS DO CONCELLO


O Concello de Tui apoia a promoción do deporte, especialmente o deporte base, coa sinatura de convenio con trece entidades deportivas por un importe de 61.500 euros. En concreto, reciben estas achegas municipais as seguintes agrupacións deportivas tudenses: Club Piragüismo Penedo, Club Kayak Tudense, Tyde F. C., Club Deportivo Caldelas, Club Remo de Tui, Club Remo do Miño, Club Xadrez Tui, Club Baloncesto Tui, Club Deportivo Ribadelouro, Club Tenis Tui, Club Deportivo Tui – Fútbol Sala, Club Quinta Xestión – Tui e Club Balonmán Tui.
O importe a subvencionar neste ano 2012 é un 19% máis que no ano 2011, o que indica o interese por parte do Concello de Tui en axudar aos equipos tudenses nestes momentos de crise.
A Concellería de Deportes de Tui xa esta traballando na confección dos presupostos do ano 2013, que aínda que se prevé unha reducción no presuposto, existe a vontade de seguir apoiando aos clubs, mantendo, e incluso aumentando nalgúns casos, os importes destas subvencións. Hai que ter en conta que cada ano van incorporándose novos clubes tudenses que solicitan axudas ao Concello.
Para o Concelleiro de Deportes de Tui, Nicolás Lorenzo, é primordial a promoción do deporte, non só o deporte base, sino o deporte de elite, reflectido nas bolsas aos deportistas tudenses de alto nivel, senón tamén no deporte para todos, coa promoción de un calendario de actividades deportivas dirixido a tódalas idades. Recoñecendo o importante papel que o deporte realiza para a educación dos nosos nenos e mozos, a promoción de destacados valores sociais e mesmo para unha vida máis saudable para todos os participantes.
Cómpre tamén lembrar que independentemente destas achegas contempladas nos orzamentos municipais o Concello colabora con medios económicos, humanos e materiais en numerosas actividades de carácter deportivo que ao longo do ano se organizan no noso municipio.

Sem comentários:

Enviar um comentário