O Teatro Municipal de Tui acolle mañá venres, 14 de decembro, ás 20h a posta en escena do espectáculo “Nuncabunga” da man da compañía Elefante Elegante. Trátase dunha obra de teatro xestual para público familiar a partir de 3 anos.
Nuncabunga é un espectáculo cómico e poético sen palabras adicado ao público infantil e familiar. Nun recuncho preto do mar unha persoa solitaria ten a súa casa. Un día enredado nas redes chega un estraño que vén perturbar a aparente calma do lugar. Xorde entón a pregunta de se serán quen de vivir nun mesmo espazo?.
María Torres e Gonçalo Guerreiro son os autores e encargados de levar a escena este espectáculo que ten unha duración de 45 minutos.
Elefante Elegante ten as súas orixes nun proxecto experimental iniciado no ano 2000 denominado Teatro Escondido, que durante sete anos viaxou por Galicia, Portugal e Bélxica. De aí xurdiu en 2007 a actual compañía que crea espectáculos de teatro visual baseados nos xestos e no movemento. As súas creacións buscan a universalidade, xurdindo da fusión de distintas linguaxes: o teatro físico, a danza, as artes plásticas e as artes visuais.
As entradas están á venda na web www.culturatui.info ata mañá venres ás 13h, ou mañá dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 3€ e 2€.
Sem comentários:
Enviar um comentário