terça-feira, 18 de dezembro de 2012

O CONCELLO COLABORA COA CRUZ VERMELHA PORTUGUESA DE VALENÇA



O Alcalde entregoulle un cheque de 3500 euros
O Concello de Tui colabora anualmente coa delegación en Valença da Cruz Vermelha portuguesa pois esta institución coopera habitualmente en numerosas actividades que promove o Concello e outras entidades tudenses a través dos seus servizos de urxencias e os seus voluntarios e voluntarias. Na mañá de onte, luns 17 de decEmbro, o Alcalde de Tui entregou no seu despacho da Casa do Concello esta subvención ás representantes desta entidade asistencial valenciana.
Ao abeiro do orzamentos municipal se contempla unha achega de 3500 euros anuais destinados a colaborar nas actividades que promove esta entidade asistencial valenciana que está a punto de inaugurar un novo centro asistencial que contará cun centro de día, unha escola infantil e outros servizos.
Para o rexedor tudense esta subvención que promove o Concello á delegación en Valença da Cruz Vermelha portuguesa amais de compensar os numerosos servizos que ao longo do ano realizan os seus voluntarios e voluntarias no noso concello, contribúe eficazmente a consolidar os lazos que unen as cidades de Valença e Tui constituídas dende o pasado mes de febreiro en “eurocidade”.

Sem comentários:

Enviar um comentário