A Consellería de Traballo e Benestar subvencionará estes programas mixtos de formación e emprego con máis de 1,8 millóns de euros destinados aos concellos de Tui, A Estrada, Vilagarcía, Moraña, Cambados, Valga, e a mancomunidade do Salnés
Tui-Emprende 2012 permitirá a formación de 32 persoas en Auxiliar de Albanelería; Pintor-colocador de Prefabricados Lixeiros e Instalación de Elementos de Carpintería. O seu orzamento é de 282.130,56 euros. Ademais do director do obradoiro e do seu titor, tamén terán 3 monitores e 1 administrativo de apoio. Os alumnos levarán a cabo labores de rehabilitación da Antiga Escola de Chans e o acondicionamento da nave para o obradoiro de Guillarei.
Sem comentários:
Enviar um comentário