O Conservatorio Profesional de Música do Concello de Tui en colaboración coa Escola de Música Municipal de Tui e o departamento de Servizos Sociais do Concello de Tui, pon en marcha un curso de Iniciación á música.
Este curso está dirixido a pensionistas e xubilados interesados en iniciarse no mundo da música, tanto a nivel teórico coma a nivel instrumental. O curso estará impartido por D. Algirdas Petras Pocius, músico, Director de Orquestras de Corda e Mestre de Violín/Viola na Escola de Música e no Conservatorio Profesional de Tui.
O horario do curso será os martes de 10:00 a 13:00 h. (o primeiro día concretaranse horarios) Comezará o día 09 de Outubro e terá como remate o día 18 de Xuño.
O curso consta dunha parte teórica e unha práctica.
a)Parte Teórica:
-Coñecer as diferentes cualidades do son.
-Coñecemento e comprensión das Notas, Figuras e Silencios, así coma a súa aplicación na música.
-Coñecementos básicos para lectura de partituras simples: pentagrama, clave de sol, liñas adicionais,....
- Rítmica: estructuras rítmicas,lectura rítmica,imitación, xogos rítmicos.
b)Parte Práctica:
- Recoñecemento de ritmos e sons.
- Expresión vocal. Respiración, entoación,...
- Movementos rítmicos co corpo, introducción a bailes do mundo.
-Iniciación da práctica musical. Paso da teoría á práctica con instrumentos de Percusión Orff e con Frautas Doces.
Matrícula estará aberta ata cubrir prazas.
As solicitudes poden ser entregadas no Departamento de Servizos Sociais ou no Conservatorio Profesional/Escola de Música de Tui. Para máis información:
Servizos Sociais do Concello: 986603625 Ext. 54
Conservatorio/Escola de Música: 986604404
Sem comentários:
Enviar um comentário