quarta-feira, 3 de outubro de 2012

SERVIZOS SOCIAIS ANUNCIA A APERTURA DO PRAZOS PARA SOLICITAR O PROGRAMA DE VACACIÓNS PARA MAIORES DO IMSERSO


A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui anuncia a apertura do prazo para solicitar o programa de Vacacións para maiores (Turismo Social) do Imserso para o ano 2012-2013.
Poden solicitar prazas neste programa s persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:
Ter como mínimo 65 anos cumpridos.
Ser pensionista de xubilación do Sistema Público de Pensións.
Ser pensionista de viuvez do Sistema Público de Pensións, con 55 anos cumpridos.
Outros pensionistas do Sistema Público de Pensións e prexubilados con 60 anos cumpridos.
Valerse por sí mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.
Se a/o solicitante viaxa co cónxuxe, non é preciso que este reúna os requisitos de idade e pensión. Admitirase tamén como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao de minusvalía igual ou superior ó 45%, sempre que a viaxe a realice cos seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel. Deberá cumprimentarse o apartado correspondente da solicitude cos datos do fillo/a e achegar fotocopia do certificado de minusvalía.
Ofértanse distintas modalidades para que os maiores poidan gozar dunhas vacacións no período comprendido entre os meses de outubro de 2012 e xuño de 2013, segundo a modalidade:
Estadías en zonas costeiras.
Viaxes culturais para coñecer a historia e arte de España.
Turismo de natureza con rutas por paraxes pintorescos.
Intercambio con outros países.
Neste programas de turismo social está incluído:
Viaxe ida e volta desde a súa capital de provincia ata o hotel de destino e regreso, agás para a modalidade de viaxes sen transporte.
Aloxamento en réxime de pensión completa en habitación dobre a compartir en hoteis seleccionados polo IMSERSO. Contémplase o aloxamento en habitación individual, que terá un suplemento no prezo e estará suxeito a dispoñibilidade de prazas.
Servizo médico, complementario da Seguridade Social, no propio hotel.
Programa de animación
Póliza colectiva de seguros
Nos viaxes Culturais e Turismo de Natureza, dadas as súas especiais características non se inclúen os servizos médicos e programa de animación.
Os prezos destas ofertas de Turismo social varían en función dos programas e modalidades así como se a quenda elixida é durante a tempada alta ou baixa, pero están nunha franxa entre os 119,65 euros e os 574,66 euros por persoa.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 16 de outubro de 2012. Non obstante seguirá aberta un prazo complementario ata o 1 de decembro para unha lista de agarda para cubrir posibles vacantes.
A concelleira de servizos sociais do Concello de Tui, Olga Monte Moldes, informa que nas oficinas deste departamento municipal todas as persoas interesadas poden solicitar información, asesoramento e axuda para a presentación e tramitación das solicitudes a este programa de vacacións para maiores que convoca o Imserso.

Sem comentários:

Enviar um comentário