quarta-feira, 30 de maio de 2012

A AULA CEMIT DE TUI ACOLLE UN CURSO DE “DESEÑO GRÁFICO” DO 11 AO 14 DE XUÑO


A aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Tui acolle do 11 ao 14 de xuño un novo curso de formación en materia audiovisual dirixido a todas as persoas interesadas neste novo ámbito profesional neste caso sobre “Deseño gráfico – nivel básico”.
Descrición: A través deste microcurso de 15 horas preténdese facer comprender aos asistentes as posibilidades que se ofrecen no mundo do deseño gráfico, sobre todo no referente aos posibles enfoques profesionais dotando dun coñecemento básico das ferramentas que están a súa disposición. Esta microactividade está destinada a estudantes e profesionais do deseño gráfico, é dicir, a persoas que polos seus estudos, afeccións ou actividades profesionais, requiren dunha ferramenta de deseño tan potente e actual como Inkscape e dunha serie de coñecementos tan interesantes como son os relacionados coa evolución do deseño e a súa aplicación no mundo profesional. É conveniente ter coñecementos básicos de informática e especialmente ter utilizado algún programa de deseño.
Inscrición: O curso é gratuito. Se o interesado é usuario da Rede CeMIT, poderá inscribirse a través da web aulascemit.xunta.es/inscripcion e poderá seguir o seu proceso de reserva de praza; se aínda non é usuario da Rede CeMIT ou accede por primeira vez, debe achegarse á aula CeMIT (antigo Telecentro) de Tui, situada na rúa Colón, 2 (Edificio Área Panorámica – primeiro andar), co seu DNI e formalizar o proceso de inscrición como usuario da Rede para poder preinscribirse en calquera curso de Programa de Formación 2012.
Para o Concello de Tui esta nova actividade amplía a oferta de formación que promove o Concello de Tui coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para favorecer a formación en novas especialidades e materia que atopan demanda no mercado laboral. Así este Aula vai funcionar como “Aula Aberta” en horario (de luns a venres) de 10,00 a 13,30 horas, agás cando existan cursos en que poderá modificarse este horario en función destas actividades formativas. Deste xeito o Concello promove o funcionamento deste espazo de tecnoloxías da información e á comunicación aberta ao público en xeral.

Sem comentários:

Enviar um comentário