sábado, 26 de maio de 2012

Mañá domingo festas na honra á Virxe de Fátima en Guillarei.


Comezarán coa confección dunha alfombra floral como ofrenda á Virxe. Ás 12.15h sairá a procesión ata o parque acompañada pola Banda de Gaitas San Xoán de Paramos celebrándose a continuación a misa cantada pola Coral de Guillarei. Ao remate actuará a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos.
Pola tarde, ás cinco, actuarán os grupos de playbacks do Centro Cultural Lembranzas da Terra de Guillarei e do Centro Cultural A Forna de Budiño. E ás sete e media regresará a procesión ata a igrexa parroquial.

Sem comentários:

Enviar um comentário