terça-feira, 15 de maio de 2012

Espello Cóncavo presenta mañá en Tui “Tres no bambán”


A compañía de Sada Espello Cóncavo é a responsable de pechar a programación do primeiro semestre do ano no Teatro Municipal de Tui. Este mércores, 16 de maio, ás 20.30h van pór en escena a comedia “Tres no bambám” de Luigi Lunari.
O elenco está formado por Xabier Pan, Fernando Morán, Arturo López e Teresa Horro, dirixidos por Arturo López.  A escenografía foi deseñada por Rodrigo Roel e a música por Nani García.
A obra transcorre nunha casa á que chegan tres homes, aínda que cada un pensa que está nin sitio diferente. Un deles cre que é unha oficina militar, outro unha editorial e o terceiro unha casa de citas. Comezan a ocorrer cousas estrañas o que fai que alguén chegue a unha horrible conclusión, é entón cando aparece un cuarto personaxe, a muller da limpeza.
As entradas están xa á venda na web www.culturatui.info ata o mércores ás 13h, e o mércores dende ás 19h poderán mercarse no despacho de billetes ao prezo de 5€ e 3€.
Espello Cóncavo fundouse en 1993, producindo nestes case 20 anos máis de trinta espectáculos teatrais entre os que destacan “Vapores”, “Bailando en verán”, “As troianas”, “Peter Pan” ou “Tres no bambán”.
Espello Cóncavo con “Tres no bambán”
Lugar: No Teatro Municipal de Tui
Data: Mércores, 16 de maio ás 20.30h
Entradas: 5€ e 3€ á venda en www.culturatui.info e o mércores dende ás 19h no despacho de billetes.

Sem comentários:

Enviar um comentário