conferencia de clausura correrá a cargo da ministra de Fomento Ana Pastor
Tui acollerá do 4 ao 6 de xullo un curso de verán da UNED. Baixo o título de “A todo tren” abordarase a historia e a importancia do ferrocarril como motor socioeconómico tanto no ámbito nacional coma internacional. As clases terán lugar na Aula da UNED de Tui no antigo convento de San Domingos.
Esta actividade formativa foi presentada esta mañá pola directora do Centro Asociado da UNED en Pontevedra, Beatriz Rodríguez López, o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, e a concelleira de Educación, Vanesa Rodríguez Pereira.
O curso está dirixido por Victoria Soto Caba e coordinado por Guillermo Bas Ordóñez. No mesmo vanse analizar as repercusión do ferrocarril como medio de transporte na economía, a arquitectura e as relacións comerciais tanto nacionais coma internacionais pola condición de Galicia como territorio fronteirizo con Portugal. Na relación de poñentes está Carlos Nardiz, catedrático de urbanismo na Universidade de Coruña, Jesús Ángel Sánchez, profesor de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, Xosçe Ramón Iglesias Veiga, doutor de Historia da Arte e profesor da Uned, e Miguel Múñoz, director do Museo Nacional do Ferrocarril. Amais a conferencia de clausura sobre “Fomento e o ferrocarril” correrá a cargo da ministra de Fomento, Ana Pastor.
A inauguración terá lugar o mércores 4 de xullo ás 16.45h e a clausura á unha do mediodía do venres día 6.
Na presentación desta mañá a directora do Centro Asociado da UNED en Pontevedra, Beatriz Rodríguez, destacou o activa que á Aula da UNED de Tui e o apoio que sempre atopan no concello para os distintos proxectos a levar a cabo. Salientaba que para a UNED é un luxo ter unha aula aquí e que con este curso de verán en Tui é a primeira vez que se imparte unha destas actividades formativas fóra da sede da UNED en Pontevedra. Engadía que dada a temática a tratar tiñan claro que se tiña que celebrar en Tui pola a relación entre a cidade e o ferrocarril.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, pola súa parte salientou que “a Tui hai que seguir póndoo no sitio que lle corresponde e este é o camiño a seguir”. Lembrou a importancia do tren para Tui e da comunicación por este medio con Portugal, referíndose a demanda xunto con Valença da modernización da liña Vigo-Porto, algo que foi tratado no recente cumio hispano-luso.
O curso ten recoñecidos 1 crédito ECTS, 2 créditos de libre configuración e 2 créditos MECD. A inscrición pode facerse na web www.uned.es/cursos-verano, podendo beneficiarse dun desconto aqueles que se matriculen antes do 25 de xuño.
Amais da actividade académica durante os días do curso, xa que se prevé que moitos dos alumnos sexa de fóra da provincia e incluso de Galicia, haberá tamén visitas guiadas á cidade e outras actividades lúdicas.
Sem comentários:
Enviar um comentário