quinta-feira, 3 de maio de 2012

A XUNTA DE GOBERNO LOCAL CONCEDE A LICENZA DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL


Na sesión do 19 de abril de 2012 a Xunta de Goberno Local do Concello de Tui completou a documentación legalmente requirida para conceder a licenza solicitada polo Consorcio Galego pola Igualdade e o Benestar para a construcción na nosa cidade dunha Escola Infantil. Cumprimentado este último trámite o inicio das obras deste importante equipamento socio-educativo é xa inmediato por parte do Consorcio.
Esta Escola Infantil contará con seis unidades (2 aulas para nenos de 0-1 anos, 2 aulas para nenos de 1-2 anos e outras dúas para os nenos de 2-3 anos de idade) así como un aula de usos múltiples, e unha zona de servizos que abrangue cociña, vestiarios, sala de profesores, despacho de dirección e espazos para as instalacións.
Volumetricamente esta edificación está diferenciada en dúas pezas que recollen os diversos usos que se unen por un gran vestíbulo que sirve como zona de xogos e á vez como distribuidor. Por un lado, estarán agrupadas as aulas que se abren ao sur e ao xardín e, por outro lado, o volume que da ao norte e que corresponde coas estancias de servizos para a escola.
O novo edificio tenta resolver no seu deseños: a adaptación e integración no terreo diálogo co entorno para non entrar en conflicto co veciño centro socio-comunitario resolver o programa de necesidades. no espazo exterior terá elementos para xogos dos nenos (areeiro, xoguetes, etc.) xunto a arbores xardín e horto.
En total esta Escola Infantil tudense contará con 514,60 m2 de superficie construída xunto a 107,75 m2 de espazos exteriores.. O prazo prevista de execución é de seis meses.. O orzamento acada os 650.325,04 Euros.
Para o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, temos dado un novo paso para acadar este importantes investimento para a nosa cidade, non xa polo importe económico senón especialmente pola dimensión social desta obra que resposta a unha sentida demanda da sociedade tudense e que contribuirá eficazmente á conciliación da vida familiar e laboral de moitas familias do noso concello. Para Moisés Rodríguez Pérez co inmediato inicio das obras este Concello agarda dar cumprimento do compromiso de que esta Escola Infantil inicie o seu funcionamento neste mesmo ano 2012.
O rexedor tudense agradece a colaboración da Xunta de Galicia, por medio do Consorcio Galego para Igualdade e o Benestar, para lograr este importante equipamento para o noso municipio que significa unha importante ampliación dos servizos de caracter social e educativos que ofrece este Concello de Tui e que repercutirá nun incremento da calidade de vida dos nosos veciños.

Sem comentários:

Enviar um comentário