Mañá, 31 de maio, celébrase en todo o mundo o “Día Mundial sen Tabaco” con motivo desta celebración o Departamento de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui promove unha campaña de información na Praza da Inmaculada. Ao longo das últimas semanas, e como paso previo, este mesmo departamento ten desenvolvido no CEIP de Randufe e no Colexio Santa María (Maristas) uns obradoiros cos alumnos de 6º curso de Primaria. Nestes talleres os alumnos/as reciben información sobre os efectos nocivos do tabaco. Ademais elaboran debuxos con advertencias e mensaxes contra o tabaco.
Mañá 31 de maio, a partir das 10:30 horas da mañá, se procederá á instalación dunha caseta na Praza da Inmaculada, con folletos e material divulgativo, que os alumnos/as, participantes nos talleres, repartirán.
Ademais na Caseta colocarase unha urna onde depositar “pitillos” que se intercambiarán por flores á xente que se achegue á caseta. Este día entregarán, tamén, as mensaxes feitas por eles nos talleres.
A concelleira responsable de servizos sociais, Olga Montes Moldes, sinala a importancia desta campaña para alertar sobre os riscos que supón o consumo de tabaco e para fomentar hábitos eficaces para a reducción do seu consumo. Cabe lembrar que a Organización Mundial da Saúde (OMS) sinala que o consumo de tabaco é a segunda causa mundial de morte, tras a hipertensión, e é responsable da morte de un de cada dez adultos do mundo.
Para a concelleira tudense é fundamental desenvolver campañas de información e prevención, especialmente entre os adolescentes, pois neste segmento de idade se inician moitos rapaces no consumo. Neste sentido agradece a colaboración dos centros escolares para a impartición destes obradoiros de prevención do tabaquismo impartidos polo departamento municipal de prevención de drogodepencias.
Sem comentários:
Enviar um comentário