O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, expresa a súa satisfacción polo anuncio de que o vindeiro luns comezaran as obras de asfaltado dos camiños laterais na Vía de Alta Capacidade Tui – A Guarda ao seu paso pola parroquia tudense de Areas e o martes realizará unha visita a Tui o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández de Rojas, no decurso da que manterá unha xuntanza con representantes da Plataforma de Afectados e os voceiros dos grupos municipais para analizar o estado das obras da VAC ao seu paso polo municipio tudense.
Sinala o Alcalde tudense que co inicio destas obras se da cumprimento o que fora comunicado á Plataforma de Afectado polo Vial, con data 12 de abril pasado, polo enxeñeiro director das obras que “en datas próximas e atendendo á climatoloxía” se procederá ao asfaltado dos camiños laterais de servizo en ambas marxes, en concreto “do pk 1+100 ao pk 1-850 marxe esquerda e do pk. 1+000 ao pk 1+400 marxe dereita”. Co inicio destas obras se soluciona unha das reclamacións dos afectados xa que dadas as condición climáticas existentes non aconsellaron o comezo destas obras de asfaltado ata este momento.
Moisés Rodríguez quere agradecer publicamente ao Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a súa visita a Tui no vindeiro martes dando cumprimento a un compromiso que xa o propio Alcalde tiña transmitido ao responsables da Plataforma de Afectados. Así o Conselleiro poderá expoñer directamente aos veciños afectados e aos grupos políticos da Corporación Municipal as propostas da Xunta de Galicia para este treito da VAC, especialmente as derivadas do enlace co Parque Empresarial de Areas.
O rexedor tudense expresa tamén como o goberno municipal mantén o seu compromiso de apoio ás xustas reivindicacións dos veciños de Areas, xestionando diante dos organismos correspondentes a resolución dos problemas que prantexada esta obra, que cabe lembrar non é de competencia municipal. Con todo, cómpre lembrar que tras a toma de posesión do Alcalde foi constituída unha Comisión de Seguimento da que forman parte o Alcalde e tres concelleiros do goberno municipal xunto con representantes da plataforma de afectados e que nas súas reunión analiza as incidencias deste proceso de obras.
Sem comentários:
Enviar um comentário