Nesta mañá de venres, 11 de maio de 2012, tivo lugar na cidade de Tui unha nova edición do Correlingua para a comarca do Baixo Miño, na que participaron os escolares dos concello de Tui, O Rosal, Salceda, O Porriño, Salvaterra, A Cañiza e Ponteareas. Iniciaron a súa actividade cunha carreira – percorrido polas rúa do conxunto histórico de Tui rematando na traseira da Área Panorámica, onde tivo lugar un festival musical animado polo grupo “Roger de Flor e os Silvestres”.
O Concello de Tui colaborou coa organización deste evento a prol da nosa fala facilitando apoio para o percorrido polas rúas da cidade e no festival co que se pechaba esta actividade.
A concelleira de Educación e Cultura, Vanesa Rodríguez Pereira, dirixiuse a todos os rapaces e rapazas asistentes dándolle a benvida á nosa cidade e amosando a súa satisfacción pola asistencia a este acto festivo, animando a todos a “promocionar o galego, a sentirmonos galegos que é un xeito de estar no mundo, como ben dí o lema desta edición do Correlingua: “En galego, todo é posible!”.
Sem comentários:
Enviar um comentário