terça-feira, 8 de maio de 2012

XI Edición “Dos Nosos Fariñeiros, Burros e Muiños” o vindeiro día 22 en Tui



A organización do evento anima a tódalas persoas, a que se acerquen ó sendeiro do río Tripes para celebrar esta, xa tradicional, festa da comarca
O próximo domingo 22 de abril, terá lugar a celebración da XI Edición “Dos Nosos Fariñeiros, Burros e Muiños”, organizada pola Asociación “Muiñeiros do Río Tripes” que celebrarase coma en anos anteriores a carón do Muiño da Ponte, lugar que se encontra dentro do sendeiro dos muiños do Río Tripes. Este ano ademais contan como novidade, que se fixeron diversas obras para ampliar e mellorar o novo recinto onde ano tras ano se leva celebrando esta festa, e que gracias a colaboración económica do Concello de Tui e da Comunidad de Montes de Randufe póidose levar a cabo.
Como en anos anterioes contan cun amplio programa de actividades que terán o seu comenzo ás 10:30 h coa a saída dende o parque de Circos en Pazos de Reis ata o Muiño da Ponte. Despois tódolos presentes poderán degustar das tradicionais papas de millo e poderán escoltar da man do artista Alberto Romer, as explicacións pertinentes aos alí presentes, das partes que componen o muiño, de cómo os nosos antepasados utilizaban éstes para a súas labouras diarias, e sobre todo do gran esforzo que a Asociación “Muiñeiros do río Tripes” que él preside, está a realizar para levar a bó fin as gestións para a rehabilitación do maior número de muiños posibles, do sendeiro en xeral, e así conseguir que éste sexa un lugar de referencia para o turismo desta bisbarra.
Despois das papas, virán as castañas, a bica e os típicos xogos tradicionais, tute, brisca, carreira de sacos etc… para despois, e perto das 14:00 h, proceder a degustación dunha chourizada, acompañada dun viño do país. Todo isto de forma gratuita para tódalas persoas que decidan disfrutar dun fermoso entorno, coma é o “Sendeiro do Rio Tripes” ubicado a carón do Parque Natural do Monte Aloia. Xa para finalizar entregaranse os premios e agasallos a tódolos participantes.
Dende a organización queren resaltar que esta romería estará amenizada en todo momento polo grupo folclórico “Muiñeiros do Río Tripes”, que “nos contaxiarán cas súas cancións típicas tradicionais galegas, añadindolles un “toque personal” e que estamos seguros, non pasará inadvertido para ninguén”.
A organización do evento anima a tódalas persoas, a que o próximo domingo 22 de abril se acerquen ó sendeiro do río Tripes para celebrar a XI Edición “Dos Nosos Fariñeiros, Burros e Muiños”, rodeados de naturaza e dunha fermosa paraxe ó carón do parque natural do Monte Aloia.
in Xornal 21

Sem comentários:

Enviar um comentário