O Concello de Tui promove coa axuda e asesoramento de grupos de investigación e innovación educativas das Universidades de Vigo, Minho (Braga – Portugal) e a UNED así como do grupo estatal de innovación Educativa “Proyecto Atlántida” un plan para a mellora do éxito educativo na Eurocidade.
Este programa “En(red)amonos” xurde dende a necesidade de dar resposta as demandas da comunidade educativa coa finalidade de aumentar os niveis de motivación cara a aprendizaxe do alumnado da Educación Obrigatoria tanto na cidade de Tui como na de Valença.
Para informar deste plan e facer unha primeira avaliación de necesidades, que tenta involucrar a toda a comunidade local, o Concello de Tui ven de convocar unha asemblea aberta na que participarán representantes dos diversos colectivos locais do mundo do ensino, a cultura, o deporte, a vida social, etc. O deseño e implementación do proxecto farase co apoio da Consellería de Educación, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte a través do Instituto de Innovación e Investigación. Nel tanto os centros educativos terán un especial protagonismo xunto coas ANPAS, e outras entidades socioculturais, académicas e económicas.
Por iso o programa “En(red)amonos” na Eurocidade ten como obxectivo implicar a toda a comunidade educativa no deseño dun curriculum adaptado as características do entorno natural e social onde se desenvolve o individuo e partir dos seus recursos para solucionar as problemáticas reais dese contexto que lle é propio e inmediato.
Tui xunto con Valença están a formar a Eurocidade Tui - Valença e este é, en palabras do alcalde de Tui –Moisés Rodríguez Pérez- unha oportunidade única para traballar na escola os valores europeos da cidade e o coñecementos das institucións municipais, autonómicas, estatais e Europeas. Pero tamén para poñer en valor en toda a comunidade educativa o Patrimonio tudense e de Valença e representa una oportunidade para o desenvolvemento dende o punto de vista económico, comercial, empresarial, tecnolóxico, turístico e tamén académico. Será preciso unha concienciación sobre que as dúas cidades xuntas terán máis posibilidades e oportunidades.
Así este venres 1 de xuño ás 19,00 horas terá lugar na Aula da UNED de Tui esta reunión informativa na que trataranse os seguintes puntos:
1.Necesidades educativas, culturais, económicas e sociais da zona a partir dos proxectos e programas en marcha e posibilidades de Constitución dunha Comisión Plenaria, que promova un plan común, con obxectivos e protocolo de funcionamento.
2.Tarefas básicas que deben realizar os centros, e asesoramento para completar os seus proxectos curriculares, programacións por competencias e avaliacións, etc., para o seu apoio e integración no plan común que una os esforzos de mellora da Eurocidade.
3.Inclusión ou coordinación das accións básicas que xa realizan as diferentes institucións:
A)ANPAS e servizos sociais municipais e culturais do entorno para a súa integración no plan común.
B)Actividades que realizan as entidades promotoras do medioambiente, deporte, saúde e economía do entorno para igualmente integrar os seus esforzos no común.
C)Ideas para a coordinación da iniciativa coas organizacións veciñas (Tui o Valença)
4.Conclusións e ideas de obxectivos, calendario e estructura coordinadora do plan integral da zona
Moisés Rodríguez Pérez destaca interese que o Concello de Tui pon nesta iniciativa que pretende promover un proxecto educativo innovador nunha experiencia pioneira en Galicia e que pretende mellorar os resultados do proceso educativo nos centros escolares do noso concello para mellorar a formación académica pero tamén persoal e social dos nosos nenos e mozos, dende o convencemento que este traballo que abranguerá a toda a comunidade local redundará nunha maior calidade de vida dos nosos veciños.
O Alcalde de Tui agradece aos promotores de iniciativa, especialmente aos grupos de estudo das universidade de Vigo, Minho e UNED, así como o colectivo Atlántida o seu interese e aposta pola nosa cidade para a posta en marcha deste programa “En(red)amonos”. Unha iniciativa na que se conta tamén conque axiña se incorporen a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.
Sem comentários:
Enviar um comentário