terça-feira, 29 de maio de 2012

O ALCALDE DE TUI NOMEADO MEMBRO “CONSEJO DEL AGUA DE LA DEMARCACIÓN HIDROGRÁFICA MIÑO-SIL”


Moisés Rodríguez Pérez, alcalde de Tui,  vén de ser designado como membro do “Consejo del Agua de la Demarcación Hidrográfica del Miño – Sil” na súa condición de Alcalde de Tui.
Este Consello é o novo órgano dentro da Demarcación Hidrográfica cun papel central en materia de participación e planificacición dentro da Confederación Hidrográfica Miño – Sil. Neste organismo están representadas as diversas administración públicas con competencias nos temas hidrográficos así como outras entidades e colectivos sociais; así as entidades locais están representadas neste órgano colexiado en función da súa extensión e da porcentaxe do seu territorio afectado pola demarcación, sen que o seu número de vocais poda ser superior a tres. 
O alcalde tudense representará pois ás entidades locais a proposta do Partido Popular de Galicia. Moisés Rodríguez Pérez agradece esta nova mostra de confianza do partido na súa xestión e garante o seu traballo a prol da mellora da xestión do dominio público das augas na nosa comunidade. 
Nicolás Lorenzo Montes, primeiro tenente de alcalde, ocupa o posto de suplente.

Sem comentários:

Enviar um comentário