A ribeira de Caldelas acollerá a fin de semana do 19 e 20 de maio a IV Festa do Chourizo á Brasa organizada pola Comisión de Festas da Rocha 2012 coa colaboración da Asociación Cultural “A Insua” de Caldelas e do Concello de Tui.
O sábado 19 ás seis da tarde actuará o grupo de gaiteiros “A Vella Escola” e as pandereteiras “As D’abadía” de Cadelas. Pola noite a verbena será amenizada pola orquestra Camelor. O domingo ás doce do mediodía ofrecerá un concerto a Banda de Música Popular de Tui, e ás cinco da tarde actuará a charanga Divertida de Salceda.
Haberá tamén inchables para nenos e a Comisión de Festas está tentando organizar amais un mercadillo de produtos do campo.
Entre o sábado dende ás seis da tarde e o domingo a partir das dez da mañá poranse á venda tres mil chourizos, sendo o prezo do bocadillo de chourizo de 1,5 euros, así coma empanadas acompañadas de viños brancos e tintos.
in Xornal 21
Sem comentários:
Enviar um comentário