terça-feira, 29 de maio de 2012

Tui acolle o 9 e 10 de xuño un espectacular Big Ride

O 9 e 10 de xuño vaise celebrar en Tui o Big Ride Tui unha proba competitiva de Enduro organizada pola marca Cannondale. O Big Ride amais da sede de Tui se celebrará tamén en Cercedilla en Madrid esta fin de semana, e o 8 e 9 de setembro en Manzaneda.
A proba de Tui vai constar de 6 circuítos cun último especial de carácter urbano.
Entre os participantes estará Jerome Clementz, numero 1 do mundo nesta modalidade de Big Ride. Tamén teñen confirmada a súa participación en Tui Pauline Dieffenthal do Cannondale Enduro Racing, unha das figuras femininas máis destacadas desta modalidade de enduro. Tamén correrá en Tui o inglés Aidan Bishop do Cannondale UK, considerado un dos mellores overmountain ridades ingleses.

Sem comentários:

Enviar um comentário