Na mañá de hoxe, luns 28 de maio, o Concello de Tui procedeu a executar a limpeza de maleza e a retirada de elementos perigosos da fachada dunha propiedade sita na rúa Bispo Maceira, da nosa cidade, no barrio do Arrabal logo de acadar a correspondente autorización xudicial.
O proceso comezou coa denuncia de particulares afectados pola perigosidade do estado do inmoble e do maleza existente na finca do mesmo que levou a que o Concello ao noso conseguir que os propietarios realizasen estes labores, procedeu a execución subsidiarias das mesmas logo de solicitar e conseguir a correspondente autorización xudicial. Remata a intervención o Concello procederá a solicitar aos propietarios o abono dos gastos ocasionados por esta actuación.
Amais, segundo indica o concelleiro responsable do conxunto histórico Nicolás Lorenzo Montes, esta propiedade está situada nun lugar moi visible da entrada a Tui e con esta intervención se logra un dobre obxectivo, garantir a seguridade dos veciños desta rúa tudense e mellorar o ornato da entrada á nosa cidade pola Avda. de Portugal e Martínez Padín.
Para o concelleiro Lorenzo Montes esta intervención municipal se enmarca dentro do traballo que o goberno municipal está a desenvolver para mellorar as condicións de vida e de conservación do conxunto histórico da nosa cidade que ten levado a realizar nos últimos tempos diversas intervencións como a limpeza de pintadas –a última realizada no Túnel das Monxas Encerradas, ou o tapiado de casas en deficiente estado de conservación, en xeral coa colaboración dos propietarios, etc. Con estas medidas o Concello de Tui continúa promovendo pequenas actuacións na zona histórica que están mellorando substancialmente o seu aspecto.
O concelleiro responsable do conxunto histórico anuncia que o Concello continuará solicitando novas autorizacións xudiciais para intervir naquelas outras propiedades cuxos propietarios non acatan as súas obrigas legais ou non son localizados.
Sem comentários:
Enviar um comentário