O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez entregou esta mañá á presidenta da cooperativa “Pequenos Emprendedores” do CEIP nº1, Paula García, e ao vicepresidente de “Carro Chimichanga”, Roi Álvarez, o documento que os autorizaba a montar os seus postos no mercado semanal.
Estas cooperativas creáronse ao abeiro da iniciativa “Emprender na miña escola – Cooperanova” da Deputación de Pontevedra.
Esta mañá coincidindo co primeiro día que saíron á rúa a vender os seus produtos tiveron a visita tanto do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, coma da concelleira de Mercado, Olga Montes, e dos deputados provinciais Marta Iglesias e Pablo Baquero.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, felicitaba aos CEIP’s nº1 e nº2 de Tui pola súa involucración no proxecto. Salientaba tamén a importancia de en situación económicas complicadas como o actual, buscar novos xeitos de comercio. Agradecía o esforzo da Deputación nesta iniciativa. Explicaba tamén o mandatario como os cativos seguiron todo trámite legal establecido. Remataba indicando que deste xeito os nenos aprenden, a modo de xogo, os pasos a dar, sinalando que aí está a clave do éxito.
A concelleira do Mercado, Olga Montes, salientaba a implicación do nenos nesta experiencia así como a labor desenvolvida.
Pola súa parte o deputado Pablo Baquero facía unha valoración moi positiva desta iniciativa que promove a cultura emprendedora nos centros educativos. Mentres a deputada Marta Iglesias salientou o éxito da iniciativa a nivel provincial coa participación de 8 centro e máis de 130 nenos e nenas. Indicaba que hai que apostar por políticas que incentiven o espírito emprendedor dende pequenos. Salientaba amais o ambiente festivo logrado no mercado no día de hoxe, así coma a colaboración do concello que dicía foi “fundamental”.
Os produtos ofertados polas dúas cooperativas eran moi variado papeleiras, botellas, cadros, carpetas, pulseiras, broches, aneis, diademas, etc. feitos moitos deles con material de refugallo.
Sem comentários:
Enviar um comentário