A Aula CeMit de Tui impartirá dende o vindeiro luns un novo curso de formación dirixido a todas as persoas interesadas o seu titulo é “Posicionamento web – nivel básico” e será impartido polo sistema de videoconferencia. O curso durará do 7 ao 10 de Maio en horario de 16,00 a 20,00 horas, é de caracter gratuíto se se imparte gracias a colaboración entre o Concello de Tui e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta de Galicia.
A través desta microactividade de 15 horas preténdese ofrecer as claves e coñecementos necesarios para entender como funcionan os buscadores e que cambios debes implementar na túa web así como as accións que se deben levar a cabo para mellorar o posicionamento (SEO) ou supervisar o posicionamento da túa web por parte dun provedor. Esta microactividade está orientada fundamentalmente a aquelas persoas interesadas no posicionamento web e que desexen aprender como posicionar a súa empresa/negocio, etc… abrindo vías de formación e emprego, e coñecendo a realidade do posicionamento web para o emprego de xeito profesional.
As persoas interesadas en participar nesta actividade de formación , na que aínda existen prazas, poden efectuar a súa matrícula a través da seguinte páxina web: https://aulascemit.xunta.es/inscripcion
A Aula CeMIT de Tui lembra que o 21 de maio comezará outro curso denominado “TV por internet” que xa ten aberta a súa matrícula gratuíta..
Este Aula CeMit é unha importante ferramenta que se ofrece aos cidadáns de Tui e a súa bisbarra para a súa formación nas novas tecnoloxías da información e a comunicación imprescindibles para a inserción no mercado laboral das persoas e para a favorecer o seu acceso aos novos soportes das novas tecnoloxías.
Sem comentários:
Enviar um comentário