terça-feira, 15 de maio de 2012

José Luís Bouza no preolímpico de Poznan


Esta semana, o xoves día 17 de maio, José Luís Bouza, o padeeiro do Kaiak Tudense, xogarase a posibilidade de participar nos Xogos Olímpicos de Londres 2012.
Dende o pasado xoves, o padeeiro tudense, xunto co seu adestrador Esteban Alonso e o seu compañeiro na modalidade C2 1.000 m., David Fernández, encóntranse na localidade polaca de Poznan, onde adestran nestes días coa intención de afacerse as condicións da pista.
Estaba previsto que o mércores se celebraran as eliminatorias, pero ao haber só nove embarcacións, serán ás nove as que compitan na final que se celebrará este xoves, 17 de maio, ás 15.07h, onde so o k2 vencedor obterá o praza para os Xogos Olímpicos de Londres. 
Dende o Concello de Tui quérese enviar toda a forza do pobo tudense para que Buzo e David acaden a posibilidade de disputar os Xogos Olímpicos.

Sem comentários:

Enviar um comentário