O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, participou esta mañá no acto de inauguración do III Encontro de Oficinas de Emprego Fronteirizas de Galicia e Norte de Portugal celebrado ao longo desta mañá no Edificio Área Panorámica da nosa cidade. Este Encontro está organizado pola Consellería de Traballo e Benestar a través do Servicio de Emprego Transfronteirizo Eures-T Galicia – Norte de Portugal. Xunto ao Alcalde participaron neste acto a Directora Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar, Ana María Díaz López, e o Delegado do Instituto de Emprego e Formaçao Professional na Regiâo Norte de Portugal, César Ferreira.
O Alcalde tudense déullela benvida aos directores e técnicos das Oficinas de Emprego do ámbito da fronteira Galicia – Norte de Portugal que nun número superior a sesenta persoas asisten a esta terceira xornada. Moisés Rodríguez comentou na súa intervención que o tema do emprego é unha das principais preocupacións tanto do Concello de Tui como dos responsables da recentemente constituída eurocidade Tui – Valença do Minho e que están traballando na elaboración de propostas nesta liña, para promover a inserción laboral dos nosos cidadáns.
Insistiu que a creación desta Eurocidade consolida a colaboración xa existente entre as administracións locais de Tui e Valença e está convencido favorecerá a mobilidade e a cohesión social entre ambas localidades.
Sem comentários:
Enviar um comentário