quarta-feira, 23 de maio de 2012

O CONCELLO PROMOVE UNHA OFICINA DE ATENCIÓN AOS AFECTADOS POLAS “PREFERENTES”


O Concello de Tui en colaboración co Instituto Galego de Consumo teñen posto en marcha na Casa do Concello tudense unha oficina de atención aos afectados polas chamadas “participacións preferentes” que en Tui e o Baixo Miño afectan a numerosos cidadáns.
Con este acordo todos os martes a partir de hoxe, 22 de maio, en horario de 09,00 a 14,00 horas, nas oficinas municipais na propia Casa do Concello de Tui atópase unha técnica do Instituto Galego de Consumo da Xunta de Galicia, que atenderá, previa cita, ás persoas afectadas polas preferentes.
Os interesados poderán anotarse, de luns a venres, de 9,00 a 14,00 horas, na Oficina Municipal de Información ao Consumidor do Concello tudense, ben de forma presencial ou chamando por teléfono aos números: 986 60 36 43 - 986 60 36 25.
Para o Alcalde tudense esta iniciativa testemuña o compromiso do Concello de Tui e da Xunta de Galicia por asesorar e acompañar aos cidadáns afectados por esta problemática na busca dunha solución as súas demandas verbo destes productos financeiros. Moisés Rodríguez Pérez agradece á Directora Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Nava Castro Domínguez, esta colaboración que posibilita que persoa competente nesta materia poida prestar este importante servizo de asesoramento aos afectados polas “preferentes”.

Sem comentários:

Enviar um comentário