quarta-feira, 16 de maio de 2012

CURSO SOBRE A VITICULTURA DE GALICIA E DO NORTE DE PORTUGAL NA AULA DA UNED DE TUI


A Aula da UNED de Tui dentro dos cursos de extensión universitaria vai impartir do 29 de maio ao 1 de xuño un curso titulado “Pola emoción dos viños. Os viños de Suevia”. As clases terán lugar de 17.30h a 20h, cun total de dez horas lectivas. Os poñentes serán o enólogo Manuel Areal e o vicepresidente da Asociación Galega de Sumilleres, Antonio Portela.
O obxectivo principal deste curso é coñecer a identidade da viticultura de Galicia e do Norte de Portugal, distinguindo as peculiaridades de cada zona e apreciando os seus denominadores comúns. Tamén persegue tomar conciencia da súa riqueza e do gran potencial que atesouran. No curso combinarase a parte teórica coa práctica coa cata de viños brancos, tintos e xenerosos.
O prezo de curso é de 30 euros e pódese formalizar a matrícula na web www.extensionuned.es
A concelleira de Educación e Cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, valora positivamente esta nova oferta de formación da Aula da UNED tudense coas súas actividades de extensión universitaria ofrece un amplo e diversificado abano de cursos ao longo do ano académico que suscitan grande interese. Deste xeito a Aula da UNED de Tui consolídase como unha referencia pola súa oferta de educación, tanto regrada como non regrada.

Sem comentários:

Enviar um comentário