terça-feira, 22 de maio de 2012

COMPLETADO O ASFALTADO DOS VIAS PARALELOS AO VAC TUI-A GUARDA EN AREAS


Na pasada semana foron culminadas as obras de asfaltados dos camiños laterais de servizo nun treito da obra en construcción da VAC Tui – A Guarda na parroquia tudense de Areas. Segundo o Alcalde de Tui está era unha das reclamacións formulada pola Plataforma de afectados e que, xunto coas outras demandas formuladas, están sendo cumprimentadas por parte das administracións competentes.
Así xa fora comunicado, no pasado mes de abril, que ao mellorar as condicións climatolóxicas serían completadas as obras de  asfaltado dos camiños laterais de servizo do pk1+000 ao pk 1+850 na marxe esquerda e do pk. 1+000 ao pk 1+400 na marxe dereita. Unha intervención que foi culminada a pasada semana, dotando a estes viais das correspondentes canalizacións de augas pluviais. Estes viais agora asfaltados serán os que solucionen outra das demandas da Plataforma, á referente á conexión do barrio de Anta e ao transporte escolar namentres duren as obras de execución do paso superior previsto na actual estrada de acceso a Anta, e que supoñen un pequeno desvío de 400 metros.
Tamén hai unhas semanas tivo lugar unha visita de representantes municipais, en concreto o concelleiro delegado para a mesa de coordinación da VAC e o concelleiro delegado de alumeado xunto a técnicos municipais e un membro desa Plataforma para examinar a ubicación demandada pola Plataforma de oito puntos de luz, tras unha valoración desta demanda por parte dos correspondentes servizos municipais de inmediato se procederá a súa instalación naqueles lugares onde fose necesario para garantir a seguridade vial.
O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, sinala que goberno municipal quere expresar o seu compromiso de traballar xunto cos veciños de Areas para lograr que as obras de execución do VAC Tui – A Guarda non repercutan negativamente nas condicións de vida dos seus veciños, tanto no período de obras como unha vez operativa esta VAC. En consecuencia, este goberno municipal continuará realizando todas aquelas xestións necesarias para lograr este obxectivo. Cabe lembrar as xestións realizadas no seu día con satisfactorio resultado para a ampliación de camiños de servicio, para a instalación de barreiras acústicas, para os pasos de regadío, etc.
O rexedor tudense quere reiterar o compromiso do goberno municipal en apoio das xustas demandas da Plataforma de afectados polo Vial Tui – A Guarda, sinalando que na actualidade unicamente o desacordo afecta unicamente ao acceso ao Parque Empresarial, onde a postura da Plataforma non acepta a alternativa prantexada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a máis idónea consonte as actuais circunstancia económicas polas que atravesa o noso país e que garante unha mínima incidencia nas estradas da parroquia de Areas, pois unha vez non exista o tráfico da VAC os vehículos que desexen acceder ao Parque Empresarial usaran só 400 metros da actual estrada comarca.
Para o Alcalde de Tui resulta evidente que, alomenos en certos sectores da Plataforma, existe unha clara intencionalidade política, máis aló das demandas veciñais, para dilatar calquera tipo de acordo aínda cando a meirande parte das demandas da Plataforma foron solucionadas xa e o resto están en vías de resolución. 

Sem comentários:

Enviar um comentário