Mañá venres 25 de maio, ás 20.00 horas, no Novo Pavillón Deportivo Municipal celebrarase a clausura das Escolas Deportivas de patinaxe da Deputación de Pontevedra e do Concello de Tui.
Neste evento participarán a maioría dos 140 nenas e nenos que, dende o mes de outubro, adestraron dúas horas á semana no pavillón deportivo do IES de San Paio, ás ordes da monitora Seila Nieto.
Na clausura tamén participarán dous grupos do Club Ribex do Porriño, que conta con patinadoras e patinadores tudenses.
Sem comentários:
Enviar um comentário