A Asociación de Amigos da Catedral de Tui promove un acto de homenaxe ao cóengo da Catedral tudense, D. Ricardo García Fernández, co gallo das súa vodas de diamante (sesenta anos) como presbítero. Os actos previstos se desenvolverán o vindeiro sábado 2 de xuño e consistirán nunha Eucaristía de acción de gracias na S. I. Catedral de Tui ás 12,00 horas e a continuación un xantar no Parador de Turismo “San Telmo” de Tui ás 14,00 horas.
Namentres que a asistencia á Eucaristía é libre, para participar no xantar cómpre reservar, pois as prazas están limitadas, chamando ao Parador de Turismo “San Telmo” (986.600.300) aboando o importe de 30,00 Euros por persoa. As reservas poden efectuarse ata o vindeiro día 28 de maio.
D. Ricardo García Fernández (Tui, 1929) foi ordeado como sacerdote o 31 de maio de 1952 no Estadio Montjuic de Barcelana no acto de clausura do XXXV Congreso Eucarístico Internacional xunto a outros 820 sacerdotes. Completou a súa formación Roma, onde obtivo a licenciatura en Historia da Igrexa, foi profesor no Seminario tudense ata que no ano 1961 foi nomeado párroco de Tui no que se mantivo ao longo de máis de coarenta anos. Cóengo dende 1973, nomeado polo bispo Delicado Baeza, na actualidade dedica o seu tempo á atención ao primeiro templo da diocese.
O menú do xantar é o seguinte:
- Aperitivo
- Empanada galega da casa
- Salada de primavera con timbal de aguacate de raia e colas de langostino
- Segredo de porco ibérico con crema de reineta e pastel de pataca
- Tarta San Ero con xeado de vainilla e paraliné
Con bebidas e café.
Sem comentários:
Enviar um comentário