A Concellería de Parques e Xardíns do Concello de Tui que dirixe a concelleira Olga Montes Moldes ten acollido con grande interese a solicitude de colaboración formulada por un grupo de veciños que están traballando na elaboración dunha alfombra de flores para confeccionar o vindeiro domingo, festividade do Corpus Christi.
Está previsto que esta alfombra engalane a Praza de San Fernando ou no Claustro da Catedral en caso de ameaza de chuvia outorgándolle un maior esplendor á procesión do Corpus tudense, onde o Santísimo Sacramento será portado polas rúas da cidade na singular e artística custodia procesional realizada en 1602 por los ourives de Valladolid Miguel de Mojados e outros que se conserva na Catedral tudense.
Segundo informa a concelleira Montes Moldes dende o Concello se completa o material necesario polos alfombristas e se ofrece o apoio necesario para culminar esta ilusionante iniciativa que posúe tamén na nosa cidade unha arraigada tradición de máis dun século.
Olga Montes comenta que xa no pasado ano foi realizada xa esta colaboración que posibilitou a recuperación desta tradición de elaborar unha alfombra de flores na festividade do Corpus Christi logo de varios anos de perentese. En nome do Concello agradece este iniciativa que enriquece a celebración desta festividade e na que colaboran entidades como a Adoración Nocturna, o grupo de Pastoral da Saúde, Grupo Scout, Floristerias Rita e La Flor, contando cun deseño aportado pola tudense Angeles Fernández Lago, que traballa dende hai anos nos alfombrados da vila de Ponteareas.
Sem comentários:
Enviar um comentário