segunda-feira, 11 de junho de 2012

AMPLIADO ATA O 8 DE XUÑO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CONCURSO DE DECORACION DE BALCÓNS E VENTÁS DO CONXUNTO HISTÓRICO


Ata o vindeiro venres 8 de xuño poden inscribirse todas as personas interesadas em participar no concurso de decoración de balcón e xanelas do conxunto histórico de Tui que promoven as concellería do conxunto histórico e a concellería de Parques e xardín, coa colaboración das Floristerias tudense “La Flor” e “Rita” e a “Fototeca”, ampliando nunha semana o prazo que remataba o pasado 31 de maio.
Esta iniciativa é, en palabras do concelleiro Nicolás Lorenzo Montes, unha proposta para humanizar as rúas da zona monumental tudense promovendo a implicación dos seus habitantes na conservación e promoción deste conxunto patrimonial. Como sinalan as bases do certame “preténdese chamar a atención sobre a contribución que os cidadáns residentes neste ámbito histórico poden realizar á mellora estética das diversas rúas e prazas, incrementado a calidade ambiental. A ornamentación de balcóns e ventás testemuña a implicación dos veciños no incremento da calidade estética deste espazo patrimonial e incrementa o seu valor”.
Poden participar todos os veciños do ámbito do conxunto histórico para o que compre inscribirse ben no Concello ou nos establecementos colaboradores; unha vez realizar esta seralles entregado un distintivo que deber permanecer xunto ao balcón ou ventá participante entre o 8 de xuño e o 27 de xullo.
O xurado terá en conta entre outros, os seguintes criterios: 
O estado de conservación e mantemento do balcón 
A orixinalidade da ornamentación e a innovación dos elementos accesorios
A harmonía no crecemento das plantas 
A combinación de cores e o seu valor estético
A variedade, calidade, perdurabilidade e innovación dos elementos vexetais
Os premios establecidos neste primeiro concurso son:
1º premio. Diploma, cheque de 200€ e cheque de compra de plantas e materiais de xardinería por valor de 100€ 
2º premio. Diploma, cheque 100€ e cheque de compra de plantas e materiais de xardinería por valor de 75€ 
3º premio. Diploma, cheque de 50€ e cheque de compra de plantas e materiais de xardinería por valor de 50€ 
Premio Especial ó mellor establecemento de hostalería. Diploma e cheque de compra de plantas e materiais de xardinería por valor de 60€.
A concelleira de parques e xardíns, Olga Montes, en nome do Concello e xunto aos establecementos colaboradores animan a todos os veciños e aos establecementos comerciais a participar nesta iniciativa que promove potenciar esta zona histórica tudense cun valor engadido, como é a decoración foral que incrementa a beleza deste espazo monumental, que será un novo valor que xustifique unha visita á nosa cidade e, sobre todo, faga máis agradable a vida nas rúas históricas de Tui.

Sem comentários:

Enviar um comentário