Os padeeiros do Club Kaiak Tudense, José Luís Bouza e Diego Piña, xunto co seu adestrador Esteban Alonso, viaxarán mañá xoves á cidade croata de Zagreb, coa intención de participar no Campionato de Europa Absoluto de Piragüismo en Pista, que se celebrará dende este venres 22 ata o domingo 24.
Buzo competirá na proba C2 1000 metros xunto ao asturiano David Fernández, e Diego Piña no K4 1000 metros.
Este Campionato é a cita máis importante previa aos Xogos Olímpicos, polo que dende o Concello de Tui quérese animar a nosos deportistas tudenses para acadar os mellores resultados.
Sem comentários:
Enviar um comentário