A Concellería de Educación e Cultura do Concello de Tui a través do Conservatorio Municipal de Musica e da Escola de Musica organiza diversos cursos de verán que promoven a formación musical dos alumnos destes centros educativos de formación musical.
Son catro curso os organizados neste ano:
- curso de música e movemento
- curso de iniciación á práctica instrumental
- curso de práctica coral
O vindeiro luns, 25 de xuño cun concerto ás 19,00 horas na Sala de Audicións do Conservatorio de Música se procederá a inauguración destas accións formativas. Nesa mesma xornada se entregaran por parte dos responsables destes cursos os horarios da clases.
Cómpre destacar que no curso de practica coral aínda existen prazas lires estando aberta a matricula ata o mesmo luns 25 de xuño.
Para a concelleira de educación e cultura, Vanesa Rodríguez Pereira, con esta oferta de cursos o Conservatorio e a Escola de Música buscar suscitar nos alumnos máis novos das diferentes familias de instrumentos o interese e ilusión por continuar e afondar na súa formación musical combinando os aspectos máis formais da aprendizaxe musical cunha dimensión lúdica na práctica da música.
Con esta oferta de cursos de verán a Concellería de Educación e Cultura trata de ampliar a oferta formativa destes centros educativos musicais que contan cunha matrícula superior ao centenar de alumnos procedentes de Tui, Valença e outros municipios da nosa bisbarra. Ambos centros conforman unha oferta educativa de caracter permanente que financia o Concello de Tui
Sem comentários:
Enviar um comentário