sexta-feira, 29 de junho de 2012

MAÑÁ VENRES INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN COLECTIVA DOS ALUMNOS DO “TALLER DE PINTURA DE INÉS GONTAD”


A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle mañá, venres 29 de xuño, ás 20h a inauguración dunha mostra colectiva na que os alumnos do taller de pintura que promove na nosa cidade a pintora Inés Gontad amosaran o traballo desenvolvido ao longo deste curso.
Nesta exposición colectiva poderemos contemplar as obras de aprendizaxe dos 30 alumnos e alumnas deste Taller tudense que van dende os 6 aos 60 anos de idade, ofrecendo unha escolma onde prima a diversidade de técnicas, de enfoques, de experiencias... resultando un  dos atractivos desta exposición.
A Concelleira de Cultura do Concello de Tui congratúlase porque a  Sala Municipal de Exposicións acolla esta mostra que reflicte o dinamismo da sociedade tudense interesada por acceder a novos coñecementos, como é neste caso a aprendizaxe das técnicas pictóricas. Hai escasas datas tamén outro colectivo tudense, a Asociación de Amas de Casa, amosaba o labor dos seus obradoiros, no que participaban numerosas asociadas. Estas mostras testemuñan a vitalidade dos nosos veciños e dende o Concello estamos encantados de colaborar na difusión do seu traballo, pois a promoción da cultura abrangue tamén estas actividades de base que non por modestas deixan de seren imprescindibles.
Esta exposición colectiva estará aberta ao público ata o vindeiro 13 de xullo de 2012.

Sem comentários:

Enviar um comentário