quinta-feira, 14 de junho de 2012

I EUROCIDADE 10, o domingo 17 de xuño ás 11.00 horas


O próximo domingo terá lugar a “I EUROCIDADE 10”, proba atlética organizada por la Eurocidade Tui – Valença do Minho e o club Atletismo Tui Thermalia, que sairá ás 11.00 horas españolas dende o Paseo da Corredoira, percorrendo as rúas tudenses, cruzando o Ponte Internacional e pasando polas murallas de Valença, para retornar ao punto de saída na Corredoira.
Nesta proba participarán máis de 400 atletas procedentes de Galicia e Portugal, que gozarán dunha das primeiras probas que se disputarán entre dous países, aínda que será nunha única cidade, a Eurocidade Tui-Valença.
Corte do Ponte Internacional
O vello Ponte Internacional estará pechado ao tráfico dende as 11.00 e as 12.15 horas, tendo a alternativa do novo ponte internacional.
Rúas pechadas ao tráfico en Tui
Co motivo desta proba atlética haberá as seguintes rúas tudenses cortadas ao tráfico e co aparcamento prohibido entre as 10.30 e as 12.30 horas: Paseo Calvo Sotelo, Rúa Ordoñez, Rúa Antero Rubín, Rúa Cuenca, Rúa Sanz, Rúa San Telmo e Rúa Tyde.
Dende o Concello se solicita e agradece a colaboración os veciños para o correcto desenvolvemento desta proba.

Sem comentários:

Enviar um comentário